top of page

A nosa Historia

BTWJ3891.JPG

Día 1 de Agosto de 2016.

Despois de xogar durante toda a tarde ao volei no campo do Codesal, xuntámonos nos merenderos do lado para facer a Asamblea Fundacional do club.

O primeiro era decidir o nome, como nós chamaríamos. Despois de darlle un par de voltas quedámonos ca proposta de Pablo: Club de Volei Miño; polo río e tamén debido a que as instalacións serían as do antiguo campo de fútbol do G.D. Miño. 

Agora tocaba convencer a Jorge Pazos para que aceptase ser o Presidente. Era a figura máis representativa de todos os que estábamos alí, era o máis veterano e o que tiña máis experiencia.

O secretario sería Alberto, a vicepresidencia para Víctor Núñez, a tesorería para Víctor Álvarez e Jorge Vicente coma vogal da directiva. 

Unha vez decidida a denominación social, repartidos os cargos da directiva e as ideas postas sobre a mesa só nos faltaba cubrir a documentación pedida pola Xunta de Galicia para a creación do club. E así foi, apenas sen luz cubrimos os documentos necesarios e o día seguinte presentámolos no

Rexistro Xeral de Entidades Deportivas de Xunta de Galicia

 

WhatsApp Image 2021-08-01 at 20.49.53 (2).jpeg

A Actualidade

Día 1 de Agosto de 2021.

Fai 5 anos que fundamos o club. Onte colaboramos na organización do torneo: "Eventos deportivos ORPAGU" xunto a Fibralar e ao Club de Petanca O Caldeiro (os nosos veciños). 

Rematouse a mellora das instalacións uns días antes do evento. Grazas ao Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra que foron os promotores e financiadores das obras. Agora contamos con un almacén, 3 vestiarios, 2 baños e un par de pistas de volei praia. Compartimos as instalacións co Club de Petanca o Caldeiro os cales teñen 14 pistas de petanca. Ámbolos dous clubs seguimos traballando en conxunto para mellorar as instalacións.

A nivel deportivo:

Sergio e Cristian quedaron 2º na categoría masculina do torneo mencionado anteriormente onde competiron 40 parellas.

Nótase o progreso do club, 3 parellas chegando a cuartos de final e unha conseguido a medalla de prata, "nada mal para empezar o outro día". Nótase moito ano a ano como crece a participación nos torneos  e os nosos deportistas. 

 

Quén sabe onde estaremos nun par de anos...

 

bottom of page